Propiedade dun solo de diminuír de volume, co conseguinte aumento da densidade aparente, cando está sometido a unha carga suficiente (compresión). Admitindo que as partículas minerais sexan indeformables, as variacións de presión intersticial só exercen un efecto sobre o modo de organización que afecta á porosidade.