...

Conxunto de microorganismos que vive no solo.

Caracterízanse principalmente pola súa: 1) diversidade enorme; 2) abundancia e biomasa altas, influenciadas polo contido e tipo de materia orgánica, o contido e tipo de minerais da arxila (xeralmente, cun maior contido de arxila a biomasa é maior, xa que retén unha maior cantidade de auga), e o valor de pH (a acidez favorece o crecemento dos fungos fronte ás bacterias); 3) distribución heteroxénea, xa que o solo é unha matriz heteroxénea con poros de diversos tamaños e biopelículas de auga (micro-sitios), aínda que se concentran principalmente na rizosfera e nos centímetros superiores do solo, posto que é onde son máis abundantes os substratos orgánicos e os nutrientes inorgánicos asimilables; 4) actividade actual e actividade potencial.