Concentración limiar de electrólitos (axente floculante) á que unha suspensión coloidal estable desestabilízase e comeza a flocular rapidamente. En suspensións nas que haxa unha única especie iónica, o valor de floculación será moito máis baixo se o ion é o Ca2+ que se é o Na+, xa que depende da carga do catión. Por debaixo do valor de floculación, a suspensión mantense dispersa.