Magnitude expresada como a velocidade de circulación da auga, K(θ), nun solo cuxo contido de auga, θ, é menor que o de saturación. Diminúe co contido de auga ou do potencial matricial da auga do solo segundo unha función de potencia, abarcando sete ordes de magnitude. Un solo areoso terá unha menor condutividade hidráulica non saturada que un arxiloso ao mesmo potencial matricial, debido á súa menor capacidade de retención de auga e, polo tanto, á menor proporción de poros cheos de auga. Ao estar a relación k(θ) suxeita a histérese, prefírese xeralmente describir o solo por medio da curva característica de humidade.