...

Proceso polo cal unha masa de solo saturado en auga ao ser sometida a unha presión continuada cambia de volume co tempo debido á extrusión de auga dos poros. Depende de: 1) o tempo; 2) as propiedades do solo e do fluído nos poros; e 3) a carga aplicada. A carga pódese deber a unha estrutura pesada, como a dun edificio, o á auga subterránea, cuxa extracción faga diminuír a presión hidrostática nos estratos. O resultado pode ser unha subsidencia ou a inestabilidade da estrutura do edificio. Determínase no laboratorio co test de consolidación, que se realiza cun consolidómetro.