Proceso que deriva de accións antrópicas polas cales entran e se acumulan no solo un ou máis elementos ou compostos nunha concentración maior da que ocorrería naturalmente e é tal que pode alterar as funcións do solo e afectar negativamente a outros sistemas asociados (aire, auga e organismos). Cabe distinguir entre a contaminación puntual e a contaminación non puntual ou difusa. Dende un punto de vista administrativo, un solo considérase contaminado cando a concentración de un ou varios contaminantes supón un risco para a saúde humana ou para os organismos do ecosistema. Estes niveis están legalmente establecidos en cada país.