...

Elemento ou composto inorgánico (metal pesado, non-metal, especie haloxenada, sal, radionucleido, deposición aceda dende a atmosfera, entre outras) ou composto orgánico (residuo orgánico, produto agroquímico e os seus produtos de degradación, entre outros) que, ao ser introducido e acumulado no solo, debido a actuacións antrópicas, pode alterar as funcións do solo e afectar negativamente á saúde humana ou a outros sistemas asociados (aire, auga e organismos).