...

Cor debida aos constituíntes que se individualizaron, perderon (eluviación), acumularon (iluviación) ou concentraron debido aos procesos formadores que deron lugar á diferenciación de horizontes. P. ex., a segregación de ferro dá lugar a unha gama de cores segundo o mineral de ferro do que se trate (cor laranxa, parda, negra); a eluviación de materia orgánica e óxidos de ferro dá lugar a cores esbrancuxadas (horizonte álbico, ST, material álbico, WRB); a acumulación de materia orgánica na parte superior do solo confírelle unha coloración escura; a rubefacción dá lugar a coloracións avermelladas.