Corpo cuxo comportamento reolóxico se caracteriza por un modo de deformación que comporta unha fase elástica á que lle sucede, a partir dun determinado limiar de deformación, unha fase plástica, previa á ruptura. No caso dos solos secos, a fase plástica adoita ser imperceptible, co que a fase elástica dá paso directamente á ruptura de elementos estruturais e o comportamento considérase fráxil. Dado que o modo de deformación varía coa humidade, o solo pode presentar un comportamento elástico-plástico cun certo contido de humidade e un comportamento fráxil cando está seco.