...

Especie química que pode actuar con distintos estados de oxidación (máis dunha valencia ou distintos números de oxidación) e que, por iso, na súa forma reducida, é capaz de oxidarse e de ceder electróns ao medio. No solo, os principais elementos ou substratos que actúan como dadores de electróns son: o amonio (NH4+), os nitritos (NO2), o manganeso (Mn2+), o ferro (Fe2+) e os sulfuros (S2−) que actúan con distintos estados de oxidación, e o carbono da materia orgánica e do metano (CH4) que actúa sempre con estado de oxidación 4, pero con distintos números de oxidación.