...

Proceso polo cal as unións entre as partículas individuais do solo debilítanse e tenden a se reorganizar de forma que o solo adquire un peor comportamento fronte á aireación, ao movemento da auga e ao crecemento das raíces. A proporción e tamaño dos ocos diminúen, aumenta a compactidade e a densidade aparente e diminúe a condutividade hidráulica.

Pode ser debido a: 1) aumento da proporción de sodio intercambiable (rega con auga de mala calidade debido a que a súa condutividade eléctrica é moi baixa en relación coa do solo); 2) empobrecemento en materia orgánica (labra excesiva e achegas insuficientes de correctivos orgánicos); 3) impacto das gotas de choiva (solo con agregados inestables e sen cuberta vexetal); 4) acidificación; 5) exceso de auga durante períodos prolongados (capa freática alta); 6) baixa actividade biolóxica; 7) paso de maquinaria pesada e de gando cando o solo está excesivamente húmido.