...

Técnica de fitorremediación que consiste en plantar árbores para extraer elementos contaminantes presentes no solo. É unha técnica de baixo custo, aínda que require tempo.

Resulta adecuada en áreas cunha contaminación crónica derivada, por exemplo, de talleres de reparación de automóbiles, áreas comerciais, lavanderías, vías de comunicación ou outras, e evitar que a contaminación se estenda.

As especies máis utilizadas son os bidueiros (Betula) e os chopos (Populus).