Volume de auga infiltrada por unidade de superficie e unidade de tempo baixo un conxunto de condicións dado. É unha característica de cada solo.
Cunha subministración de auga continua, sen que haxa un enchoupamento, constátase que a densidade de fluxo infiltrado diminúe co tempo e tende a un límite que, numericamente, é igual á condutividade hidráulica en medio saturado. Esta diminución débese: (1) á diminución do potencial hidráulico a medida que o contido de auga do solo aumenta; (2) ao colapso de poros de maior tamaño por degradación da estrutura; (3) ao enchedura de poros por substancias en suspensión; (4) ao aire ocluído. A súa ecuación de dimensións é: [L3 L-2 T-1] = [L T-1], que corresponde a unha velocidade.
Denominala capacidade de infiltración non resulta adecuado, xa que «capacidade» ten unha connotación de «volume total» e non de «volume por unidade de superficie e de tempo».