...

Taxa de movemento de auga no solo (ou nun río ou canal). Corresponde á cantidade de auga, polo xeral expresada en volume, que pasa a través dunha superficie unidade, perpendicular á dirección na que se move o fluxo, por unidade de tempo. Represéntase por fw ou q. A súa ecuación de dimensións é: [L3L-2T-1] = [LT-1], que é a dimensión dunha velocidade, se ben é só unha velocidade equivalente.