...

Depósito de compostos químicos con efectos acidificantes dende unha atmosfera contaminada. Poden estar disoltos na auga de choiva (choiva aceda), na neve (precipitación aceda) ou na néboa (deposición oculta), ou ben poden ser partículas secas acedas. Os ácidos e os formadores de ácidos depositados máis importantes son o ácido sulfúrico (H2SO4), o ácido nítrico (HNO3), o ácido clorhídrico (HCl), os compostos de xofre reducidos, os óxidos de nitróxeno e o amonio (NH4+). Cando se depositan sobre a superficie do solo, da vexetación, dos lagos ou dos edificios producen efectos prexudiciais que varían segundo a clase de receptor e o seu poder amortecedor.