...

Proceso por medio do cal ten lugar unha atenuación ou unha perda progresiva de color nalgunhas zonas (manchas) dun horizonte ou en varios deles. Débese a unha perda de compoñentes cromóxenos (ferro, materia orgánica ou arxila) e a un enriquecemento relativo de area e limo. Pode orixinarse nun horizonte eluvial (endopedión álbico, horizonte E), ou en condicións redutoras pola translocación do ferro en forma ferrosa (Fe2+).