...

Proceso bioquímico que consiste na transformación de compostos orgánicos do solo por acción microbiana con consumo de osíxeno (O2) e produción de dióxido de carbono (CO2). Os compostos finais liberados son sales minerais e compostos orgánicos máis simples que os iniciais que se poden reorganizar durante a humificación. Constitúe unha parte importante do ciclo do carbono e é o resultado da respiración heterotrófica.