Eliminación de microorganismos nocivos por medio de procedementos físicos, principalmente de patóxenos que afectan ás raíces e, por tanto, minguan a produción dos cultivos.
Os procedementos máis frecuentes son os que se basean na aplicación de calor, unha técnica que ven sendo utilizada desde moito antes da aparición dos praguicidas e que se atopa moi estendida. Existen varias modalidades: 1) pasteurización, no caso de pequenos volumes do solo; 2) inxección de vapor ou auga a alta temperatura; 3) inundación; 4) radiación (microondas e radiación gamma); 4) solarización; 5) calor seco> producido por medio dunha corrente eléctrica.
No caso do tratamento térmico, a eliminación dos distintos grupos de organismos dependerá da temperatura á que se someta ao solo.