...

Conxunto de técnicas para reducir ao mínimo as poboacións de microorganismos nocivos que causan danos ás raíces e, por iso, minguan a produción dos cultivos.

Utilízanse procedementos menos agresivos que na esterilización total, de maneira que non prexudiquen a actividade dos organismos beneficiosos. Ten o inconveniente de permitir que sobrevivan organismos non desexados, pero moi competitivos e resistentes.

Pódese recorrer a métodos físicos e a métodos químicos, aplicados cunha intensidade menor que no caso da esterilización total. Por exemplo, inxectando aire e vapor de auga quente a presión, a nivel superficial ou ben inxectándoo a unha profundidade de 60 cm creando presións negativas; ou ben con solarización, biosolarización ou biofumigación.