...

Proceso que ten lugar nun corpo poroso cando un fluído entra nel e se despraza e se mestura con outro fluído preexistente. Trátase dun proceso de transporte no que se combina a convección e a difusión aparente. No solo, prodúcese no lavado de sales, así como na fertirrigación, xa que a auga engadida ou a disolución de nutrientes engadidos despraza e á vez mestúrase coa auga preexistente do solo.