Instrumento utilizado para medir a presión ao transformar unha magnitude de presión noutra magnitude eléctrica que pode ser rexistrada de forma continua. Unha aplicación é o rexistro automático da medida do potencial da auga do solo cando se acopla a un tensiómetro. Outra aplicación é o rexistro de cambios de altura da columna de auga en permeámetros e infiltrómetros.