...

Os métodos máis utilizados para a análise cuantitativa da lignina son o método Klason (ISO/DIS 21436) e o método do bromuro de acetilo.

O método Klason é gravimétrico, mide o material insoluble despois da hidrólise con H2SO4 ao 72 %. Esta lignina insoluble en ácido tamén se coñece como lignina Klason. A lignina soluble en ácido determínase por espectrofotometría. O contido de lignina total calcúlase como a suma da lignina insoluble en ácido e a lignina soluble en ácido.

O método do bromuro de acetilo consiste nunha dixestión que solubiliza a lignina nunha disolución de bromuro de acetilo ao 25 % en ácido acético e cuantificada por espectrofotometría.

Un terceiro método consiste nunha oxidación con óxido de cobre (CuO), que transforma a lignina en unidades fenólicas, ácidos carboxílicos e cetonas e, trala extracción, purificación e adición de estándares internos, os monómeros individuais pódense determinar cuantitativamente por cromatografía de gases.