Representación gráfica dos efectivos, das frecuencias ou porcentaxes acumulados nun sistema de eixes de coordenadas ortogonais, cuxo eixe de ordenadas está graduado cunha escala lineal e o eixe de abscisas segundo unha escala logarítmica (ou viceversa), o que permite representar clases con extremos moi amplos. Isto ocorre, p. ex., cos tamaños das fraccións granulométricas: arxila 2 μm, limo 50 μm e area 2000 μm, e tamén cos potenciais matriciais ao representar as curvas características de humidade.