...

Forma de caracterizar unha partícula non esférica por medio dun parámetro que se refire ao tamaño da partícula. Defínese como o diámetro que tería unha esfera de igual volume ou igual densidade aparente que a partícula, de forma que presente o mesmo comportamento en relación cun determinado fenómeno ou propiedade. Expresase como: De = (6Vp/π)1/3, onde De é o diámetro equivalente e Vp é o volume da partícula. P. ex., na aplicación da lei de Stokes nunha análise granulométrica, a velocidade de sedimentación supón que as partículas son esferas de diámetro equivalente ao das partículas.