Dise dun material ou substancia que é mal condutor da corrente eléctrica o cunha baixa condutividade eléctrica. Ten a propiedade de formar dipolos eléctricos no seu interior baixo a acción dun campo eléctrico. Cando se sitúa entre dúas superficies cargadas (condensador), incrementa a súa capacidade ao diminuír o campo eléctrico e por tanto a diferenza de potencial entre elas.