Magnitude que indica a relación entre a condutividade hidráulica nun medio non saturado de auga, K(θ), e a capacidade específica de humidade, C(θ). Esta relación permite simplificar o tratamento matemático dos procesos de fluxo non saturado, relacionando o fluxo co gradiente de contido de auga, en lugar do gradiente de potencial. Exprésase como: D(θ) = K(θ) / C(θ) = K(θ) × dψ/dθ. A súa ecuación de dimensións é: [L2T-1]. Malia ás limitacións indicadas, este enfoque presenta vantaxes nos cálculos de fluxo de auga en condicións non saturadas, xa que a difusividade hidráulica presenta un intervalo de variación xeralmente moito menor que a condutividade hidráulica, co que pequenos cambios no contido de humidade, θ, afectarán en moita menor medida a D(θ) que a K(θ), e os erros en cálculos do fluxo serán menores. Non debe confundirse coa transferencia de auga por difusión.