...

Representación gráfica das porcentaxes das diferentes fraccións de tamaño de partículas dunha mostra de solo. Pódese facer utilizando: i) diagramas semilogarítmicos acumulativos nos que se levan no eixe de ordenadas decimal as porcentaxes acumuladas das sucesivas fraccións de tamaño de partículas, e no eixe de abscisas logarítmico, o tamaño da fracción correspondente de partículas; ii) diagramas circulares, nos que a área de cada sector equivale á porcentaxe de cada fracción de tamaño de partículas; iii) perfil textural, represéntase graficamente a distribución para as distintas profundidades dun perfil de solo: no eixe negativo de ordenadas do gráfico lévanse as profundidades das mostras, e no eixe de abscisas, as porcentaxes das distintas fraccións de tamaño de partículas. Normalmente represéntase en primeiro lugar a porcentaxe de arxila, xa que deste modo visualízase mellor unha posible acumulación desta fracción.