...

Conxunto de láminas de partículas de minerais de arxila aliñadas paralelamente, unidas electrostaticamente e suficientemente próximas para comportarse na auga como unha unidade. As láminas están unidas por ións de carga superior a un, xeralmente Ca2+. Constitúen agrupacións estables e son o nivel xerárquico máis baixo de agregación. Estas agrupacións constitúen partículas activas do solo. Se as cargas eléctricas das superficies externas do dominio están compensadas por Ca2+, o dominio atópase floculado, mentres que se o son por Na+, o dominio está disperso e pode ser translocado.