...

Horizonte subsuperficial (endopedón) cementado por sílice, SiO2, iluvial ata tal grao que dun fragmento seco ao aire, tras unha submersión prolongada en ácido clorhídrico, HCl 1 M, disgrégase menos do 50 % do volume; e nunha disolución concentrada de hidróxido potásico, KOH, ou de hidróxido sódico, NaOH, disgrégase máis do 50 % do volume. O seu grao de cementación é variable. Comunmente pode conter cementos accesorios, principalmente, carbonato cálcico e óxidos de ferro, polo que o seu aspecto é moi variado. É firme ou moi firme e quebradizo en húmido. Atópase en rexións de clima semiárido e árido. Desde un punto de vista edafoxenético, equivale a un endopedón dúrico da WRB, se ben os requirimentos cuantitativos non son os mesmos.