O termo ecosistema foi proposto por Arthur G. Tansley no ano 1935 para recoñecer a integración da comunidade biótica e o seu entorno físico como unidade fundamental da ecoloxía.
Trátase dun conxunto dinámico constituído por unha comunidade de organismos (biocenose) que habitan nunha área determinada interactuando entre si e co medio físico (biótopo). O ser humano forma parte integrante do ecosistema. Como sistema complexo que é, calquera variación nun compoñente repercutirá nos demais compoñentes. As interaccións inclúen transferencias de materia e enerxía, a través dos compoñentes do sistema.