...

Asociación micorrícica que se produce entre un simbionte fúnxico (micobionte) e as raíces de varias especies de plantas. Os micelios dos fungos ectomicorrícicos non penetran nas paredes celulares do seu hóspede, senón que forman unha trama intercelular entre as células corticais da raíz, para formar unha rede (rede de Hartig), que consiste en hifas moi ramificadas na parte exterior da raíz e cara ao exterior no solo circundante.

As ectomicorrizas atópanse principalmente nas raíces das especies de plantas vasculares como Pinaceae, Fagaceae e Betulaceae, así como en diversas especies de Salicaceae, Tiliaceae, Rosaceae, Fabaceae e Juglandaceae.

Os fungos involucrados nesta asociación simbiótica son algúns integrantes do Filo Ascomycota, pero principalmente do Filo Basidiomycota (basidiomicetos) que desenvolven corpos frutíferos externos (cogomelos) como Amanita spp., Boletus spp. e Tricholoma spp.