...

Ecuación que expresa a adsorción de solutos presentes en disolucións acuosas (tamén gasosas) sobre a fase sólida do solo. É unha expresión empírica que se utiliza sobre todo para modelizar a adsorción en superficies heteroxéneas. Asúmese que os sitios de enlace máis intensos se ocupan primeiro e que a forza de enlace diminúe co aumento do grao de ocupación dos sitios de adsorción. A expresión proposta é: x/m = KFC1/n e a súa forma lineal: log x/m = (1/n) log C1, cando n = 1) e n (adimensional), son indicadores aproximados da capacidade e da intensidade de adsorción, respectivamente. Demostrouse que se n > 1 a adsorción é favorable e que n é unha medida da desviación da linealidade da sorción. Utilízase amplamente para estudar a adsorción de pesticidas, metais pesados e nutrientes polos compoñentes do solo.