Modelo empírico de carácter exponencial que se emprega para simular a infiltración da auga no solo por medio da descrición matemática do proceso. Utilízase para facer modelos da circulación da auga nas regas. Baséase no modelo de infiltración de Kostiakov, ao que se engade un valor constante para reflectir a tendencia da infiltración a estabilizarse cara a un valor i0 ao final do ensaio. Toma a forma im = I(t)/t = αγt(α-1) + i0.