Ecuación que describe a adsorción de gases, ións ou moléculas polo solo que se basea nos tres presupostos seguintes: 1) tódolos sitios de adsorción son idénticos, polo que a sorción se produce nunha superficie homoxénea do sorbente e tódolos sitios teñen igual afinidade polas moléculas do sorbato; 2) cada sitio retén unha molécula dun composto dado e, polo tanto, a presenza de moléculas adsorbidas nun sitio non afecta á adsorción de moléculas en sitios adxacentes e 3) tódolos sitios son estérica e enerxéticamente independentes da cantidade adsorbida. Exprésase:
, onde x é a cantidade sorbida expresada en mg kg-1 ou ben en mmol kg-1, xm é a adsorción máxima que correspondería a unha cobertura completa de unha monocapa, C é a concentración de soluto en equilibrio na disolución, K é a constante de adsorción de Langmuir, relacionada coa enerxía de adsorción. Na súa forma linealizada a ecuación resultante é a dunha recta:
. Representando C/x en ordenadas e C en abscisas pódense obter os valores de xm e K a partir de experimentos de laboratorio sinxelos. Definindo R = 1/(1 + K × C), a partir do valor de R se pode clasificar a adsorción como: irreversible se R = 0; favorable se 0 < R < 1; lineal se R = 1, e desfavorable se R > 1.