Ecuacións diferenciais de primeira orde, non lineais, que se usan para describir a dinámica dos sistemas biolóxicos nos que dúas especies interactúan, unha como presa (x) e outra como depredador (y).
Para a presa:
Para o depredador:
O modelo Lotka-Volterra fai unha serie de suposicións sobre a evolución das poboacións de depredadores e presas, que non se producen necesariamente na natureza: 1) a poboación de presas atopa abundante alimento en todo momento; 2) a dispoñibilidade de alimento para a poboación de depredadores depende completamente do tamaño da poboación da presa; 3) a taxa de cambio da poboación é proporcional ao seu tamaño; 4) durante o proceso, o medio ambiente non cambia a favor dunha especie e a adaptación xenética non ten consecuencias; 5) os depredadores teñen un apetito ilimitado.