Ecuacións que se empregan para describir a circulación unidimensional superficial do fluxo da auga e o transporte de solutos durante a infiltración: de conservación de masa e de cantidade de movemento. A validez da simplificación unidimensional dependerá da uniformidade do sistema e da capacidade da ecuación de infiltración adoptada para reproducir a variabilidade temporal existente. Pódense resolver por medio do método preditor-corrector. En fertirrigación permiten estudar como facer modelos do transporte de fertilizante no fluxo de auga superficial e a súa infiltración e distribución no medio poroso.