...

Fenómeno que ten lugar na humectación-desecamento dun solo debido a que o diámetro dos poros individuais non é uniforme. Un poro de radio variable, inicialmente cheo de auga, formado por un oco relativamente grande de radio R limitado por dúas canles máis estreitas de radio r, ao se baleirar por unha diminución do potencial de presión, non se baleirará de forma brusca ata que o potencial sexa inferior a un limiar definido por ψr = – 2 δ/r. Mentres que se o solo estase a humectar, para que a auga encha de novo o poro, o potencial de presión deberá aumentar ata un valor de ψR = – 2 δ/R. O baleirado está controlado polos radios das canles de conexión máis finas, mentres que o enchido está controlado polos diámetros máximos dos poros, xa que –ψr < –ψR. Estes saltos no comportamento da fase líquida denomínanse saltos de Haines e pódense observar en solos de textura areosa grosa.