Proceso que se produce nunha disolución cando se modifica o equilibrio iónico dun sal polo cambio da concentración (actividade química) dun dos ións procedentes dese sal. Está asociado ao produto de solubilidade do devandito sal (Kps). Así, se un sal que se atopa en equilibrio nunha disolución entra en contacto con outra que contén un ion común coa primeira, o aumento da concentración do ion común fai diminuír a solubilidade do sal, de forma que para que se restableza o equilibrio e se manteña o produto de solubilidade a unha determinada temperatura, se produce unha precipitación e se modifica a concentración da disolución (principio de Le Chatelier). Este proceso é relevante, por exemplo, na disolución/precipitación de sales nos solos salinos.