...

Dificultade de absorción de auga pola planta debido a unha concentración iónica elevada na fase líquida do solo pola disolución de sales máis solubles que o xeso na fase líquida do solo. Este efecto ten importancia cando o valor da condutividade eléctrica (CE) é superior a 4 dS m−1 a 25 °C no extracto de pasta saturada, se ben varía en función da tolerancia da planta á salinidade. O potencial osmótico da auga do solo diminúe ao aumentar a salinidade, de tal maneira que a planta ten que gastar máis enerxía para extraer auga á custo do crecemento, ata o punto que pode causar un estrés hídrico que produce unha diminución da expansión foliar e unha perda de turxencia (seca fisiolóxica). Segundo a tolerancia da planta á salinidade, pode haber unha mala nascencia, un retraso no crecemento, unha diminución no rendemento e mesmo a morte da planta.