...

Efecto que ten lugar ao agregar unha determinada concentración de electrólito (sal) nunha disolución, de modo que se incrementa a forza iónica da devandita disolución e se altera o equilibrio de solubilidade dos sales contidos. Este aumento da forza iónica xera cambios da actividade dos ións e, seguindo a teoría de Debye-Hückel, a súa concentración efectiva (actividade química) é menor e modifícase a solubilidade dos sales precipitados. O resultado é un aumento da solubilidade dun precipitado. Nos solos, o efecto salino prodúcese ao incorporar un sal soluble de ións non comúns. Por exemplo, prodúcese nas reaccións de meteorización por disolución.