Resultado que se produce cando a velocidade de subministración de auga supera á velocidade máxima de percolación. A velocidade de entrada da auga nos poros do solo depende da mollabilidade e da rugosidade da superficie dos mesmos. Mentres a velocidade de subministración ten un valor inferior á velocidade de entrada de auga nos poros, a distribución da auga nun solo uniforme é sensiblemente constante. Cando a velocidade de subministración supera a velocidade de entrada nos poros, prodúcese o efecto tapón, que fai aumentar o contido de auga na zona humectada. A fronte de humectación non pode avanzar á velocidade que requiriría a subministración de auga.