...

Nas condicións de pH/Eh propias dos solos de mangleiral (valores de pH de debilmente ácidos a neutros e potencial redox entre -100 e -400 mV), os residuos orgánicos descompóñense moi lentamente, e acumúlanse grandes cantidades de carbono, polo que representan importantes sumidoiros de carbono. Así e todo, estes ecosistemas son moi sensibles aos cambios ambientais, perturbacións naturais e certas actividades humanas (dragado, drenaxe, etc.), que facilitan a entrada de augas osixenadas, o que pode facer que pasen de ser sumidoiros de carbono a fontes de CO2.

Naqueles sistemas de mangleiral con menores valores de Eh, a formación de CH4 aquo predomina, o que fai que, globalmente, que os solos de mangleiral constitúan unha fonte deste gas de efecto invernadoiro.

En ecosistemas de mangleiral ricos en metais pesados, a drenaxe pode provocar o desenvolvemento de solos ácidos con sulfatos, o que incrementa os riscos ambientais, xa que, por un lado os solos son moi ácidos e infértiles e, por outro, o descenso do valor de pH do medio fai que estes metais poidan ser mobilizados ao aumentar a súa solubilidade.