...

Acumulación de materia orgánica na superficie de solos sódicos con pH fortemente alcalinos con valores entre 10 e 12 (SolonetzsWRB) (antigamente, denominados solos de alcali negro). Esta acumulación débese ao movemento capilar ascendente de auga fortemente alcalina que, ao atravesar un horizonte con materia orgánica (horizonte A), disolve parte da materia orgánica. Cando a disolución alcanza a superficie do solo e se evapora a auga, a materia orgánica deposítase en forma de manchas negras que impregnan o material do solo. Este feito permite distinguila dun lique ou dunha alga seca, que forman unha lámina de cor escura doada de despegar da superficie do solo.