...

Molécula de natureza proteica que actúa como catalizador de reaccións químicas que teñen lugar nos organismos vivos, xa que diminúe a enerxía de activación e regula a velocidade á que ten lugar o proceso. A velocidade dependerá de diversos factores, tales como: o valor do pH, a forza iónica, a temperatura e a presenza ou ausencia de inhibidores.

Nalgúns casos, requírese dun compoñente químico adicional que participa na acción catalítica, denominado cofactor. Pode ser unha molécula orgánica, tal como unha vitamina, e chámase coenzima, ou un catión metálico inorgánico; algúns encimas requiren de ambos. Cando un encima necesita de cofactores para ser funcionalmente activo, á parte proteica do encima que é inactiva cataliticamente chámaselle apoenzima. O complexo apoenzima-cofactor recibe o nome de holoenzima, que xa ten funcionalidade catalítica.

Dependendo onde leven a cabo a súa actividade os encimas divídense en extracelulares (exoenzimas) e intracelulares (endoenzimas).