Estado dos solos con condicións ácuicas cando están saturados con auga en tódolos horizontes, dende o límite superior de saturación ata unha profundidade de 200 cm, como mínimo, a contar dende a superficie do solo mineral. Presentan concrecións e revestimentos de compostos oxidados de ferro e manganeso nos poros. Utilízase na clasificación de solos Soil Taxonomy.