...

Procedemento de labranza que se realiza principalmente no cultivo do arroz, que consiste en inundar o campo cunha capa de auga de pouco espesor e, mediante operacións mecánicas de aradura, con discos e pas, destruír os agregados do solo e darlle unha consistencia fluída. Tras o repouso, as partículas deposítanse e forman un selo, co que se consegue a impermeabilización do solo. Esta práctica permite o control dalgunhas pragas e plantas adventicias.