Procedemento para medir a condutividade hidráulica dunha zona relativamente extensa de solo. Practícase en pozos de dimensións grandes, por medio da extracción mecánica dun caudal constante de auga e medindo a profundidade á cal se estabiliza o nivel freático ao manter o bombeo. As expresións de cálculo permiten determinar a condutividade hidráulica da zona estudada.