...

Ensaios de carácter cualitativo ou semicuantitativo que se realizan nas prospeccións de solos no campo coa fin de verificar hipóteses de traballo. Os ensaios pretenden diagnosticar a presenza dun determinado compoñente ou dalgunhas propiedades do solo, que poden ser: pH (con tiras indicadoras); carbonato de calcio (CaCO3) ou carbonato de magnesio (MgCO3) (con HCl do 11 %); xeso (CaSO4 · 2 H2O) (con cloruro de bario (BaCl2 del 10 %); cloruros (con nitrato de prata, AgNO3, del 5 %); manganeso (con peróxido de hidróxeno, H2O2); textura (ao tacto); compactidade (cun coitelo); presenza de compostos reactivos de aluminio (co test de Fieldes-Perrot), e condicións redutoras (co test ααʹ-dipiridina) entre outros.