Estado dos solos con condicións ácuicas, que están saturados con auga en un ou máis horizontes dentro dos 200 cm dende a superficie do solo mineral. Debaixo da capa saturada, hai un ou máis horizontes non saturados, relativamente impermeables e cuxo límite superior se atopa dentro dos 200 cm de profundidade. Trátase dunha capa freática colgada que se acha enriba dunha capa relativamente impermeable. Adoita haber manchados e concrecións de ferro e manganeso. Utilízase na clasificación de solos Soil Taxonomy.