...

Condición de esférico. Aplícase a aquelas partículas do solo (elementos grosos e areas) cuxa forma se asemella a unha esfera. Defínese como a relación entre a superficie que tería unha esfera do mesmo volume que a partícula e superficie real da partícula. O seu valor é sempre igual ou menor que a unidade. Canto maior é a esfericidade, menor é a superficie específica. En descricións de campo estímase por comparación cunha táboa de Hodgson.